IMOS XOGAR LIMPO CON GONDOMAR
O noso concello aposta por dar respostas medioambientais acordes ao século XXI
O Coidado da natureza e dos espazos públicos ten que ocupar un lugar primordial.
Ambos son alicerces fundamentais polos que todas as institucións debemos traballar con tenacidade e responsabilidade …
O Alcalde: Paco Ferreira.

Cómo axudar...
Se separamos correctamente os residuos orgánicos, melloramos os campos e as colleitas, evitamos o uso de abonos químicos e axudamos a coidar o medio ambiente.
Non tires ao contedor do lixo restos de comida ou outros tipos de residuos orgánicos.
Infórmate sobre o proceso de COMPOSTAXE no 900 107 382.
Colabora na casa
Separa na casa os diferentes tipos de residuos que logo vas depositar nos contedores.
- Colector verde. Envases de vidro, frascos e tarros de vidro, sen tapas nin tapóns.
- Colector amarelo. Envases de plástico: de auga e bebidas, iogures, aceites, deterxentes, bolsas de plástico, envoltorios e bandexas de poliestireno, bricks, latas e outros botes metálicos, aerosois e tapas metálicas de botes e botellas.
- Colector azul: cartón, papel limpo, libros, cadernos, folletos, xornais, revistas, bolsas de papel.
- Colector de pilas: pilas e pequenas baterías.

Colabora na rúa
- Utiliza as papeleiras para depositar papeis, envoltorios e otros residuos de pequeno tamaño. Non ensucies o chan.
- Por pequenas que parezan as cabichas, se todos as tiramos ao chan, ensuciamos as rúas. Apágaas correctamente e tíraas á papeleira.
- Se tes mascota, recolle os excrementos das rúas e espazos públicos e deposítaos no contedor de lixo.
- Para residuos voluminosos que non poidas levar ao punto limpo, chama ao teléfono 900 107 382.
“… O novo servizo de limpeza e recollida de residuos aporta moitas melloras: renovación de vehículos e máis eficientes, servizo de varrido mecánico, renovación de contedores e de maior capacidade, nova líña 900 para queixas, peticións de recollida de enseres voluminosos, asesoramento para a compostaxe, etc.”